NÓS

1.18.2018

Cociñamos con Carmen

Ola amigochos, hoxe tivemos  a sorte de contar con Carmen, a nai de Victor que nos ensinou a facer ricas magdalenas.
Collede lapis e papel e tomade nota
Ingredientes:
-3 ovos
-200 g   azucre
-350g  fariña
-100 ml de  aceite oliva
-100 ml aceite xirasol
-250 ml de leite
-1 sobre de levadura
- raiadura dun limón.
-pepitas(pébidas de chocolate) opcional.
Elaboración
Botamos o ovos nun bol e o azucre e batemolo todo. Cada vez que engadamos un novo ingrediente bater para que a mestura quede mais espumosa.Logo raiamos a pel dun limón. Batemos. Seguidamente o aceite de xirasol, o aceite de oliva,o leite, a fariña tamizada e a levadura,recordando que entre ingrediente e ingrediente bater para que estea máis  rica a mestura.
Con moldes de magdalenas sobre unha bandexa de forno  botar a mestura cunha culler.Se queres botarlle pepitas de chocolate é agora o momento de facelo.
Ter enconta que  debemos cubrir o molde das magdalenas  só pola metade para que non saia a mestura por fóra.Deixaremolos no forno durante 20 minutos quentandoo previamente. 
Cando estea deixar enfriar  para papar.
Se queredes ver a mostra do ben que cociñamos, mirade mirade.
Moitas Grazas Carmen!!

1 comentario:

Irua dixo...

que ricas estaban las magdalenas con pepitas cfvytftfdytd6t6ryu5r7yd6rtdrdstedtredyrey65e