NÓS

3.22.2018

LULA GOCE


Ola amigochos.
Estes días unha gran artista en ilustrar espazos grandes está no noso cole debuxando  as paredes  con imaxes enooormes.
Presentámosvos a LULA GOCE!!!


Nós, na clase navegamos pola rede  e atopamos moita información sobre o traballo que fixo e está a facer Lula. 
Xa deixou a síua pegada en paises como México, Bélxica, cidades importantes como Barcelona, Sevilla e agora aquí en Nigrán.
 Alguunhas das súas obras.






Esta gran artista de Baiona posou con nós mentras lle faciamos unha entrevista con preguntas elaboradas nos nosos equipos de clase. 
Aquí vos deixamos con algunhas das instantáneas.








3.15.2018

cumple de auri


Ola amigochos hoxe é o cumple de Auri!!!😃🌷😊😁😀😃🙂🌟☺☺☺☺☺☺☺☺☺
E cando a profe entrou na clase tirámoslle confeti
🌟🌟🔅🔅🔅🔅🔅
E o imos  celebrar cun biscoito que elaborou a profe e que ten moi boa pinta.
Coincidindo coa celebración ,Carmen a mamá de Victor lle truxo uns botes decorados por ela mesma para todos : o de Álvaro de dinosaurios, o de Alba unha nena en bicicleta e bolboretas etc…
redacción : Victor

3.12.2018

ecosistemas


Ola amigos e amigas!!
Hoxe na clase de ciencias vimos os ecosistemas e os seus elementos: o medio físico e os seres vivos.Aprendimos que o maior ecosistema é o formado polo planeta terra e os seres vivos que vivimos nel e que recibe o nome de biosfera.
Disfrutade moito cos ecosistemas!!





ANIMAIS


Ola amigochos!!
Nestas semanas estamos coñecendo o mundo animal.
Sabemos que se clasifican en animais vertebrados e invertebrados e que dentro da clasificación dos vertebrados atopamos: os mamíferos, os réptiles, os anfibios, as aves e os peixes.
Disfrutade moito destes videos interesantísimos sobre eles.














3.02.2018

Poetizámonos

Ola amigochos aquí deixamos unhas poesías de Xulio Sigüenza escrito no noso blogue por Breixo e Alberto.
O sol
Sentado sobor do castro
o sol  que fica a folgar,
coa palla do arco da vella
bebe na cunca do mar.



     Esmola
Vella de reuma e de anos
 a lúa quedouse cega.
Anda a pedir polos ermos…

¡Leva de can unha estrela!




 Esta poesía é de tradición oral e di:
Polo mar abaixo
Vai  un pexego.
Que leva  pexegos
No mes de xaneiro.