NÓS

10.31.2017

O SAMAIN-MAGOSTO

Amigochos chegou o día no que o noso colexio esperta cun túnel de medo, con cabazas artistas e con cheiro  de castañas asadas ao ritmo da canción castañas asadas con viño e mel…
un día te ne bro soooo





















10.29.2017

corre corre cabaciña

A tartaruga que quería durmir, a bruxa regañadentes...son algún dos contos  moi axeitados  para esta época do ano,
Anímaste a escoitalos?





visítannos os amigochos de 5ºB



Ola amigochos!
Como a celebración  do magosto está moi próxima, o alumnado de 5ºB deleitounos coa canción “SEÑORA MARÍA ,SEÑOR MANUEL”Amigos e amigas de 5º,cantades fenomenal!!


O samaín


É tempo ,ainda que non o pareza, de castañas,cabazas e esqueletes bailaríns cantando a canción do samaín …queredes velo? 
Mirade mirade…

10.25.2017

24/10, DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Ola amigochos !
Onte foi o día das bibliotecas escolares e celebrámolo por tódo o alto. Contamos e falamos de  moitos libros: libros de ananos ,de xigantes, de monos,  de ratos, e de libros preferidos.Tamén houbo contos musicados, como os que o contacontos Servando Barreiro, acompañado  do seu acordeón nos transportou  aos  montes  con e sen  lume, ás augas do río Miño, a sentir o ar voando xunto aos  paxaros ou brincar cos peixes de noso mar.Con el cantamos , recitamos emocionámonos…foi unha xornada do mais bibliodivertida!
Aquí deixámosvos un pequeno resumo en imaxes.
Apertas!


10.19.2017

o incendio


O INCENDIO

Fai dous días pola noite 

houbo un incedio forestal 

moi grande.Queimou 

moitos lugares.

Estivemos moi, moi, moi

 tristes ata morreron 

catro persoas.

Na clase os nenos e nenas

 e as profes e os profes e

tamén a directora 

estivemos moi tristes.


Miramos un video moi 

bonito dunha árbore,

 aquí o tedes!



redacción:VICTOR



Analizamos as noticias  dos xornais e coa información recaudada elaboramos un mural sobre os incendios











 

10.17.2017

O corpo Humano

OLA AMIGOCHOS!!
Estes días estamos coñecendo un pouco mais o noso corpo.Xa sabemos quen representa o aparato locomotor,os nomes dalgúns ósos e os músculos.

Se vos interesa este tema premede nos videos e aprendede con nós.







10.02.2017

Joan Miró


Ola amigochos :

Neste curso escolar imos coñecer os artistas da pintura,escultura, grafty, collage,fotografía que conviven con nós no Val Miñor.

Se  coñeces alguén que traballe nalgunha destas disciplinas artísticas podes poñerte en contacto coa nosa profe Auri para que veña á clase e nos conte curiosidades do seu traballo.

Mentras tanto, coñecemos moitos artistas que deixaron pegada importante no mundo da arte .Destacamos  ao artista Joan Miró polos súas obras semellantes aos debuxos infantís.
Deixámosvos un video para que o coñezades un pouco mais.