NÓS

11.30.2017

Somos artistas.

Ola amigochos!!! todos os compas de segundo fixemos un cadro de miro e son todos moi chulos, Queredes velos?

redacción  Gabriel

Qué frío!!!

Ola amigochos !!!
Está entrando moito frío na clase de 2ºA.Para lévalo mellor  todos os compas truxemos as zapatillas para ter os pés quentiños e non pasar tanto  frío. Queredes velas?

Aquí as tedes,
AMIGOCHOS!!! 
redacción Victor.





11.24.2017

O NOSO 25 N

VIDEOS  DE CONTOS MOI INTERESANTES PARA O 25 N
Arturo e Clementina

 Rosa Caramelo.Cuentos infantiles para la igualdad.





11.22.2017

APARATO RESPIRATORIO APARATO DIXESTIVO



Ola compas.
Como estes días estamos coñecendo como funciona o noso corpo por dentro , aquí van dous videos moi interesantes sobre o aparato respiratorio e o aparato dixestivo.
Sónavos o que dín os videos?
que listiñas e listiños sodes!!!

11.17.2017

25 novembro. NON Ó MALTRATO

Ola detectives internautas, estades preparados para resolver o primeiro enigma navegando pola rede?..aí vai o enigma:

 Por que se celebra o 25 de novembro o Día Internacional da Non Violencia Contra  a Muller
pista: preme aquí

TEDES PARA RESOLVELO ATA O DÍA 24 DE NOVEMBRO...ÁNIMO!!

Mentres  buscades podedes escoitar estas cancións.



11.15.2017

Os nosos raps

Ola mozos e mozas:
Como xa finalizamos o tema de ciencias da natureza sobre o corpo humano aquí vai unha mostra dos nosos raps.
Gústavos?

Xabón con aceite de cociña

Ola rapaces
 Esta semana tivemos a visita  de Diego un auténtico ecoloxista que aprendeunos a  reutilizar o aceite que usamos nas nosas cociñas para convertilo en xabón .Queredes recordar cales eran os pasos para a elaboracións de xabóns con aceite?
Estade moi atentos á seguinte presentación e tomade nota.

11.14.2017

Practicamos o galeclube?

Ola amigochos!!
Para seguir practicando ese galeclube tan divertido que cantamos na clase aquí vos deixo este video … e mais cousiñas… a disfrutar co galego…
Bicos e apertas!!




E mais  curtas en galego





11.07.2017

O esqueleto

Amigochos!!

Imos prepararnos

para facer un

video sobre os

osos do corpo

humano...Aquí

deixo un video

para que 

practiquedes


…. Ánimo rapaces 


e rapazas!!




11.03.2017

BISCOITO DE XEXI

Ola amigochos!!
Hoxe tivemos a sorte de contar coa visita de Geraldine,a mami de Lucía. Veu a aprendernos como se fai un biscoito riiiico ,queredes facelo outra vez?collede delantal e ide correndo para a  cociña!!
Ingredientes:
- 3 ovos
- 2botes pequenos de nata
- 2botes de azucre
- 4botes de fariña
- 1sobre de levadura
- raiadura dun limón
- pebidas (pepitas) de chocolate.

Elaboración :
Nun bol cascamos os tres ovos.
Engadimos a nata dos dous botes e con eses mesmos botes enchémolos de azucre.
Igualmente facemos para medir a fariña pero utilizamos a medida de 4 botes de nata.
Botamos todo o sobre de levadura, a raiadura do limón e batemos coa batidora.
Untamos un bol de margarida e fariña e nel botamos o preparado.
Por riba botamos as pebidas (pepitas) de chocolate enfariñadas.
Metémolo no forno durante 40 minutos.
Enfriar e papar!!!