NÓS

10.25.2017

24/10, DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Ola amigochos !
Onte foi o día das bibliotecas escolares e celebrámolo por tódo o alto. Contamos e falamos de  moitos libros: libros de ananos ,de xigantes, de monos,  de ratos, e de libros preferidos.Tamén houbo contos musicados, como os que o contacontos Servando Barreiro, acompañado  do seu acordeón nos transportou  aos  montes  con e sen  lume, ás augas do río Miño, a sentir o ar voando xunto aos  paxaros ou brincar cos peixes de noso mar.Con el cantamos , recitamos emocionámonos…foi unha xornada do mais bibliodivertida!
Aquí deixámosvos un pequeno resumo en imaxes.
Apertas!


Ningún comentario: